BlogueGAAP

Grupo Alea de Análise Poética

  • Contacto

    Grupo Alea de Análise Poética / Caixa de correo 066 / Faculdade de Filoloxía / USC Campus Norte / 15782 Santiago de Compostela

    gaapsdc@gmail.com

  • Membros do Grupo

    Iria Sobrino - María Xesús Nogueira - Montserrat Pena - Isaac Lourido - Margarita García Candeira - Arturo Casas (coord.)
  • Meta

Archive for Xuño 2010

O Novoneyra calígrafo (e máis)

Posted by gaapdec o Xuño 25, 2010

Un libro fundamental sobre Uxío Novoneyra que fala da súa produción plástico-escritural e contextualiza procesos e vínculos entre o xesto manual e o poema que se amosa (tamén) como visualidade oral: A man que caligrafando pensa (2010), da autoría de Carlos Paulo Martínez Pereiro. Edítao a Universidade da Coruña, onde o autor é catedrático na área de Filoloxías Galega e Portuguesa.

O núcleo deste libro provén de dous luminosos estudos que Martínez Pereiro publicara nos números 2 e 3 de Estudos Galego-Brasileiros, preludiados por unha consideración xeral sobre o carácter transitivo da plástica e a literatura.

A ilustración deste post corresponde a Décio Pignatari ( “Dom Quimorte/3 versões”) e está incorporada xunto con varias outras de diversa procedencia xeocultural ao libro que apareceu, con absoluta discreción, tras as celebracións de maio. Mercé ao oficio crítico de Martínez Pereiro, a obra de Novoneyra dialoga con tradicións poéticas, plásticas e caligráficas diversas que sustentan unha lectura grata, moi enriquecedora da figura e da produción do poeta courelao.

Na coda lemos:

Novoneyra é un dos máis claros écrivants barthesianos: un daqueles que utilizan a linguaxe como un instrumento de acción e influencia -tamén no teor identitario de signo identificador do noso, dos galegos-, que se pon ao servizo dunha poesía integralmente concibida e realizada en varia e diversa práctica. O bardo da vangarda, o poeta-profeta da memoria do pasado-futuro, construíu unha obra rigorista e, en vario modo, recíproca e transitiva, que, temos para nós, destaca pola súa extrañeza, pola súa diferentia specifica e pola súa decidida vontade solidaria.

Advertisements

Posted in escritura e plástica | Leave a Comment »

Sen papeis

Posted by gaapdec o Xuño 22, 2010

O volume coordinado por Xavier Barceló Pinya Literatura sense papers. Escriptures, art i entorn digital inaugura unha nova e moi atractiva colección de Edicions Universitat de les Illes Balears. A colección denomínase TECSED e a súa directora é Mercè Picornell, membro do Grupo LiCECT da UIB. Entre os obxectivos fixados salienta a atención teórico-crítica aos textos, xéneros e usos culturais na era dixital.

Esta primeira entrega, en concreto, dedica algúns estudos ao campo de intereses específicos do GAAP, entre eles os referidos ás relacións interartísticas do/no poema, á poesía cinética, aos holopoemas ou ao soporte material na literatura experimental catalá.

Reprodúcese de seguido o texto de presentación editorial do libro, co detalle de capítulos e autorías:

En un moment com l’actual, en què és ben present la qüestió de l’impacte sobre llibres i publicacions periòdiques que poden tenir Internet i els nous mitjans tecnològics —que posen en dubte no només el suport que transmet la literatura, sinó la seva mateixa natura textual, amb l’adveniment dels hipermèdia i la ciberliteratura— es fa evident que l’associació de literatura amb paraula escrita no és necessària. Aquesta idea queda reforçada quan pensam en la literatura experimental dels anys 70, o, si volem anar més enrere, en els poesia visiva i els collage de les avantguardes, o en els lipogrames, acròstics, enigmes, jeroglífics, rimes internes, homonímies que apareixen en la poesia gairebé d’ençà que es va començar a conrear. La literatura, doncs, es manifesta de formes molt diverses, que poden ser textuals o no, que poden travessar les barreres establertes pels mitjans i integrar codis aparentment contradictoris.

En aquest marc, els diversos autors que participen en aquest llibre —especialistes en estudis literaris vinculats a la Universitat de Barcelona, la Universitat Autònoma de Barcelona, la Universitat d’Alacant i la Universitat de les Illes Balears— aporten reflexions sobre diversos aspectes que giren al voltant de les relacions entre la literatura i d’altres mitjans, tant des del punt de vista de la integració de mecanismes d’expressió d’altres arts en la literatura —particularment pictòrics, però també cinematogràfics—, com del trasllat de la literatura des de la pàgina escrita cap a altres espais, tant físics —la literatura experimental fora dels llibres—, com hologràfics o cibernètics —des de la contemporaneïtat del blog a la digitalització de textos medievals.

El volum inclou els capítols “Ús i menció: del poema a les arts”, de Pere Ballart, “Poesia cinètica”, de Lis Costa; “Holopoemes”, de M. J. Vega; “Literatura per veure, cinema per llegir”, de Patrícia Trapero; “Del llibre en blanc al codi indesxifrable”, de Mercè Picornell; “De l’art si je veux”, de Laura Borràs; “Blog i literatura: amistats perilloses?”, de Xavier Barceló i “Edició digital de textos antics”, de Carmen Arronis.

Posted in blogosfera, comparatismo, edición dixital, emerxencia cultural, hipertextualidade, poesía non-lírica, publicacións | Leave a Comment »

Susana Kampff Lages: a angueira da tradución poética

Posted by gaapdec o Xuño 17, 2010

Anunciamos dúas intervencións da profesora Susana Kampff Lages (Universidade Federal Fluminense, Brasil) na Universidade de Vigo o vindeiro luns 21 de xuño. A segunda delas organízaa o equipo interuniversitario do proxecto de investigación Poesía non lírica, no que participan varios membros do GAAP, e conta co apoio do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) da Universidade de Santiago de Compostela.

Susana Kampff Lages doutorouse en Comunicação e Semiótica na PUC-SP. Foi, por quince anos, docente de lingua alemá na UNICAMP e actualmente ensina lingua e literatura alemá na Universidade Federal Fluminense/UFF. Recebeu o Prémio Jabuti en 2003 polo libro Walter Benjamin: tradução e melancolia, Edusp, 2002 (categoría Teoría literaria). Publicou João Guimarães Rosa e a saudade (Ateliê Editorial, 2003) e recentemente Walter Benjamin: arte e experiência (Nau editora, 2010).

Ás 11:00 h., no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución (Universidade de Vigo): A recepção da Die Aufgabe des Übersetzers, de Walter Benjamin, no Brasil e a leitura de Haroldo de Campos.

Ás 16:00 h., na Sala de Xuntas da mesma Facultade:  Acerca da poesía de Drummond de Andrade e Haroldo de Campos e a súa práctica tradutiva.

 

Posted in comparatismo, relacións interculturais, tradución | Leave a Comment »

Kac no CGAC

Posted by gaapdec o Xuño 4, 2010

O martes 8 de xuño o bioartista brasileiro Eduardo Kac presenta no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela ás 18:30 h. DEM (Digital Electronic Mind / Deus Ex Machina)

Da nota de prensa, remitida pola profesora Teresa Vilariño, coorganizadora do acto:

A obra  de Eduardo Kac indaga nas conexións entre o físico e o virtual, entre o biolóxico e o tecnolóxico, co fin de romper fronteiras e entrar nunha nova ecoloxía do híbrido. A súa preocupación teórica, crítica e académica achéganos a un autor que explora constantemente a fluidez da posición do suxeito no mundo posdixital, cuestionando a evolución, a memoria e a propia condición da creación.
DEM. Encontro con….Eduardo Kac   proponse enfrontar ao creador coa perspectiva crítica, a autopoética, coa mirada allea, con dous dos grandes especialistas do noso tempo en teatro e novos medios, arte e novas tecnoloxías, así como na perspectiva do posthumano e da biotecnoloxía, Anxo Abuín González (USC) e Eugenio Viola, Director do Programa MADRE do Museo d’Arte Contemporánea de Donnaregina (Nápoles).

 

Programa

18:30 Presentación // 19:00 Telepresenza e bioarte (conferencia de Eduardo Kac) // 20:00 Between Art and Science: Eduardo Kac (conferencia de Eugenio Viola) // 21:00 Mesa redonda con Eduardo Kac, Eugenio Viola e Anxo Abuín.

   

Posted in autoría, bioarte, eventos, media poetry | Leave a Comment »