BlogueGAAP

Grupo Alea de Análise Poética

  • Contacto

    Grupo Alea de Análise Poética / Caixa de correo 066 / Faculdade de Filoloxía / USC Campus Norte / 15782 Santiago de Compostela

    gaapsdc@gmail.com

  • Membros do Grupo

    Iria Sobrino - María Xesús Nogueira - Montserrat Pena - Isaac Lourido - Margarita García Candeira - Arturo Casas (coord.)
  • Meta

O Novoneyra calígrafo (e máis)

Posted by gaapdec o Xuño 25, 2010

Un libro fundamental sobre Uxío Novoneyra que fala da súa produción plástico-escritural e contextualiza procesos e vínculos entre o xesto manual e o poema que se amosa (tamén) como visualidade oral: A man que caligrafando pensa (2010), da autoría de Carlos Paulo Martínez Pereiro. Edítao a Universidade da Coruña, onde o autor é catedrático na área de Filoloxías Galega e Portuguesa.

O núcleo deste libro provén de dous luminosos estudos que Martínez Pereiro publicara nos números 2 e 3 de Estudos Galego-Brasileiros, preludiados por unha consideración xeral sobre o carácter transitivo da plástica e a literatura.

A ilustración deste post corresponde a Décio Pignatari ( “Dom Quimorte/3 versões”) e está incorporada xunto con varias outras de diversa procedencia xeocultural ao libro que apareceu, con absoluta discreción, tras as celebracións de maio. Mercé ao oficio crítico de Martínez Pereiro, a obra de Novoneyra dialoga con tradicións poéticas, plásticas e caligráficas diversas que sustentan unha lectura grata, moi enriquecedora da figura e da produción do poeta courelao.

Na coda lemos:

Novoneyra é un dos máis claros écrivants barthesianos: un daqueles que utilizan a linguaxe como un instrumento de acción e influencia -tamén no teor identitario de signo identificador do noso, dos galegos-, que se pon ao servizo dunha poesía integralmente concibida e realizada en varia e diversa práctica. O bardo da vangarda, o poeta-profeta da memoria do pasado-futuro, construíu unha obra rigorista e, en vario modo, recíproca e transitiva, que, temos para nós, destaca pola súa extrañeza, pola súa diferentia specifica e pola súa decidida vontade solidaria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: