BlogueGAAP

Grupo Alea de Análise Poética

  • Contacto

    Grupo Alea de Análise Poética / Caixa de correo 066 / Faculdade de Filoloxía / USC Campus Norte / 15782 Santiago de Compostela

    gaapsdc@gmail.com

  • Membros do Grupo

    Iria Sobrino - María Xesús Nogueira - Montserrat Pena - Isaac Lourido - Margarita García Candeira - Arturo Casas (coord.)
  • Meta

Archive for Xuño 2011

Academia. Feminino plural

Posted by gaapdec o Xuño 9, 2011

 

Medra o debate público arredor da escasísima presenza de mulleres na Academia Galega e sobre as últimas decisións tomadas pola institución. Malia non transcenderen de forma oficial as candidaturas presentadas nin os resultados das votacións, os medios de comunicación transmiten estes días que a última incorporación á RAG para cubrir a vacante de Francisco Fernández del Riego foi dirimida entre as candidaturas de Xosé Fernández Ferreiro, finalmente exitosa, e Marilar Aleixandre. Trátase en ambos casos de narradores prestixiados que contan así mesmo con produción poética. Segundo é preceptivo, ambas propostas foran presentadas e avaladas por académicos/as numerarios da institución. Entre as iniciativas destinadas a promover un debate público sobre as últimas decisións da RAG cóntase o manifesto “O xogo das cadeiras”, promovido inicialmente por Yolanda Castaño, Inma López Silva, María Reimóndez, Helena González e Dolores Vilavedra, integrantes as dúas últimas do equipo de poesiagalega.org. O manifesto conta co apoio explícito doutras e doutros membros do proxecto. A web correspondente permite sumar sinaturas ao manifesto e actualiza a información sobre o debate: http://xogodascadeiras.blogaliza.org.

Posted in institucións, xénero | Leave a Comment »

Letras de Cal recuperada íntegra en web

Posted by gaapdec o Xuño 3, 2011

O equipo de poesiagalega.org vén de completar coa inestimábel colaboración de Eduardo Estévez a edición electrónica da colección íntegra de Letras de Cal (1997-2001). Pode localizarse máis información sobre a iniciativa e a formación do grupo na segunda metade dos anos 90 neste lugar.

A serie confórmana dúas antoloxías, unha de poesía galega (dEfecto 2000) e outra de poesía vasca en edición bilingüe (A ponte das palabras. Poesía vasca 1990-2000 / Hitzezko zubia. Euskal poesia 1990-2000), e doce libros de poemas dos seguintes autores/as: María Lado, Olga Novo, Igor Lugrís, Xosé de Cea, Verónica Martínez Delgado, Carlos Negro, Suso Bahamonde, Celso Fernández Sanmartín, Séchu Sende, Celeste Craveiro, Francisco Souto e Kiko Neves.

Posted in edición dixital, editoras, grupos, poesía vasca, poesiagalega.org | Leave a Comment »