BlogueGAAP

Grupo Alea de Análise Poética

  • Contacto

    Grupo Alea de Análise Poética / Caixa de correo 066 / Faculdade de Filoloxía / USC Campus Norte / 15782 Santiago de Compostela

    gaapsdc@gmail.com

  • Membros do Grupo

    Iria Sobrino - María Xesús Nogueira - Montserrat Pena - Isaac Lourido - Margarita García Candeira - Arturo Casas (coord.)
  • Meta

Archive for Maio 2012

Próxima publicación: Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry

Posted by gaapdec o Maio 8, 2012

Difundimos información sobre a próxima aparición do volume Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry, coordinado por Burghard Baltrusch e Isaac Lourido, e publicado polo selo alemán Martin Meidenbauer.

A iniciativa editorial está vinculada co desenvolvemento do proxecto de investigación DINOLIPOE (O discurso non-lírico na poesía contemporánea: espazos, suxeitos, hibridación enunciativa, medialidade, financiado polo goberno de España desde o ano 2010) e, aínda máis concretamente, coas xornadas de traballo e debate representadas no I Congreso Internacional sobre Discursos Non Líricos celebrado en Vigo en abril de 2011.

A publicación recolle un total de dezaoito artigos, elaborados por investigadoras e investigadores de diferentes universidades europeas e americanas, e articulados a partir das liñas de pesquisa ensaiadas no mencionado proxecto. Así se nos presenta o libro:

O concepto do “non-lírico” chama a atención sobre a inestabilidade funcional da poesía como xénero e do lírico como categoría discursiva na actualidade. Este volume reflexiona sobre novas prácticas discursivas e culturais na poesía contemporánea como a constitución de novos suxeitos e novas subxectividades, a función do poético no espazo público, as hibridacións enunciativas ou a incorporación da intermedialidade. A posta en causa da convencional identificación entre o poético e o lírico, así como a análise dos elementos definitorios do non-lírico, constitúen os principais fíos condutores.
A discusión sobre aspectos teóricos e metodolóxicos combínase con estudos de caso de ámbitos poéticos e culturais diversos: austríaco, brasileiro, español, galego, hispanoamericamo, polaco, portugués, as tradicións orais, a poesía experimental e interartística, entre outros.

Toda a información sobre a publicación pode ser consultada no sitio web do proxecto DINOLIPOE.

* A imaxe que encabeza o post é obra de Gabriel Pérez Durán e formará parte da capa do libro.

Advertisements

Posted in comparatismo, escritura e plástica, espazo público, experimental, hipertextualidade, iniciativas, investigación, media poetry, performance, poesía non-lírica, proxectos específicos, publicacións, redes, suxeitos poéticos, Uncategorized, xénero | Leave a Comment »