BlogueGAAP

Grupo Alea de Análise Poética

  • Contacto

    Grupo Alea de Análise Poética / Caixa de correo 066 / Faculdade de Filoloxía / USC Campus Norte / 15782 Santiago de Compostela

    gaapsdc@gmail.com

  • Membros do Grupo

    Iria Sobrino - María Xesús Nogueira - Montserrat Pena - Isaac Lourido - Margarita García Candeira - Arturo Casas (coord.)
  • Meta

Archive for the ‘eventos’ Category

Lírica i deslírica. Anàlisis i propostes de la poesia de experimentació

Posted by gaapdec o Novembro 8, 2012

Damos noticia da saída do prelo do volume Lírica i deslírica. Anàlisis i propostes de la poesia de experimentació, editado por Margalida Pons e Josep Antoni Reynés e publicado polo servizo editorial da Universitat de les Illes Balears.

O libro recolle as achegas dos investigadores e creadores que participaron no ciclo de conferencias que, co mesmo título, organizou o grupo Literatura Contemporània: Estudis Teòrics i Comparatius (LiCETC) entre o inverno de 2010 e a primavera de 2011. O marco de reflexión proposto é o da experimentación poética nos séculos XX e XXI, se ben concede unha atención específica á produción catalá das últimas catro décadas. Os estudos teóricos corren por conta de Enric Bou, Cornelia Gräbner, Manuel Guerrero, Dominic Keown, Jordi Marrugat, Montserrat Roser e Margalida Pons, mentres que os creadores que interveñen no libro son Carles Hac Mor, Víctor Sunyol, Bertomeu Ferrando e J. M. Calleja.

Con esta publicación, o grupo LiCETC dá continuidade ao seu proxecto de investigación sobre a poesía experimental catalá desde a década de 1970.

Advertisements

Posted in eventos, experimental, grupos, poesía catalá, publicacións, Uncategorized | Etiquetado: , , , | Leave a Comment »

Jornades Internacionals de Poesia Experimental: poètiques, crítica i recepció

Posted by gaapdec o Febreiro 10, 2012

Organizadas polo grupo de investigación Poció. Poesia i Educació (Universitat de Barcelona), e no marco do proxecto “La poesia experimental catalana entre 1959 i 2004”, as Jornades Internacionals de Poesia Experimental terán lugar os días 25 e 26 de outubro de 2012 no Museu d’Art Contemporani de Barcelona (MACBA). Os obxectivos da convocatoria atinxen a definición de modelos de análise axeitados para o obxecto de estudo que se define, a reconstrución dun mapa de poéticas vincladas ao experimentalismo, así como o estudo da súa recepción por parte de público e crítica.

A conferencia inaugural será pronunciada por Jean-Marie Gleize (École Normal Supérieure de Lyon), como punto de partida para un programa que inclúe as ponencias de Carlota Caulfield (University of Oakland), Rui Torres (Universidade Fernando Pessoa), Jean-Pierre Bobillot (Université Stendhal Grenoble-III), Klaus Peter Dencker (Universität Trier) e Susana Romano (Universidad Nacional de Córdoba). Ademais, están programadas sesións de comunicacións sobre os asuntos centrais do evento, así como mesas redondas e intervencións artísticas a cargo de teóricos, críticos e/ou poetas de proxección internacional.

Enlaces:

Primeira circular de convocatoria das Jornades

Páxina web do evento

Posted in escritura e plástica, eventos, experimental, hipertextualidade, investigación, media poetry, metodoloxía, oralidade, performance, suxeitos poéticos | Etiquetado: , , | Leave a Comment »

Coloquio sobre Florbela Espanca en Vila Viçosa

Posted by gaapdec o Outubro 19, 2011

O Centro de Estudos em Letras da Universidade de Évora e o Grupo Amigos de Vila Viçosa convidam a comunidade académica e o público em geral a participar no Colóquio “Florbela Espanca. O espólio de um Mito”, integrante do projeto homónimo, sediado na Universidade de Évora/ CEL, a ser realizado dias 6, 7 e 8 de Dezembro de 2011 no Teatro Florbela Espanca em Vila Viçosa.

Formulário de inscrição no colóquio.

Posted in eventos, poesía portuguesa | Leave a Comment »

Simposio Cultura e Migración no CIPPCE

Posted by gaapdec o Outubro 3, 2011

Os días 27 e 28 de outubro de 2011 desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela o Simposio Cultura e Migración, organizado polo Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE). Algúns dos relatorios deste simposio farán mención específica ao fenómeno poético desde diferentes puntos de vista.

Descárguese aquí o tríptico do simposio coa programación e as indicacións relativas á inscrición. Esta será gratuíta para todos os interesados/as nos temas de debate.

Posted in diferenza cultural, emerxencia cultural, enclaves, espazo público, eventos, identidades, institucións, migración, oralidade, proxectos específicos | Leave a Comment »

Kac no CGAC

Posted by gaapdec o Xuño 4, 2010

O martes 8 de xuño o bioartista brasileiro Eduardo Kac presenta no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela ás 18:30 h. DEM (Digital Electronic Mind / Deus Ex Machina)

Da nota de prensa, remitida pola profesora Teresa Vilariño, coorganizadora do acto:

A obra  de Eduardo Kac indaga nas conexións entre o físico e o virtual, entre o biolóxico e o tecnolóxico, co fin de romper fronteiras e entrar nunha nova ecoloxía do híbrido. A súa preocupación teórica, crítica e académica achéganos a un autor que explora constantemente a fluidez da posición do suxeito no mundo posdixital, cuestionando a evolución, a memoria e a propia condición da creación.
DEM. Encontro con….Eduardo Kac   proponse enfrontar ao creador coa perspectiva crítica, a autopoética, coa mirada allea, con dous dos grandes especialistas do noso tempo en teatro e novos medios, arte e novas tecnoloxías, así como na perspectiva do posthumano e da biotecnoloxía, Anxo Abuín González (USC) e Eugenio Viola, Director do Programa MADRE do Museo d’Arte Contemporánea de Donnaregina (Nápoles).

 

Programa

18:30 Presentación // 19:00 Telepresenza e bioarte (conferencia de Eduardo Kac) // 20:00 Between Art and Science: Eduardo Kac (conferencia de Eugenio Viola) // 21:00 Mesa redonda con Eduardo Kac, Eugenio Viola e Anxo Abuín.

   

Posted in autoría, bioarte, eventos, media poetry | Leave a Comment »

PULLLLLLLLLLL – Poesia Contemporânea do Canadá

Posted by gaapdec o Maio 26, 2010

O vindeiro martes, 1 de xuño, terá lugar a presentación da antoloxía PULLLLLLLLLLL – Poesia Contemporânea do Canadá, publicada en 2010 pola editorial lisboeta Antígona, e na que asumiron os labores de selección e tradución para o portugués John Havelda, Isabel Patim e Manuel Portela.

O acto, presentado por Burghard Baltrusch e Belén Martín, comezará ás 12 h. no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e nel participarán @s poetas Erín Moure e Jeff Dersken e as persoas encargadas da tradución.

Posted in eventos, publicacións, relacións interculturais, tradución | Leave a Comment »