BlogueGAAP

Grupo Alea de Análise Poética

  • Contacto

    Grupo Alea de Análise Poética / Caixa de correo 066 / Faculdade de Filoloxía / USC Campus Norte / 15782 Santiago de Compostela

    gaapsdc@gmail.com

  • Membros do Grupo

    Iria Sobrino - María Xesús Nogueira - Montserrat Pena - Isaac Lourido - Margarita García Candeira - Arturo Casas (coord.)
  • Meta

Archive for the ‘proxectos específicos’ Category

Próxima publicación: Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry

Posted by gaapdec o Maio 8, 2012

Difundimos información sobre a próxima aparición do volume Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry, coordinado por Burghard Baltrusch e Isaac Lourido, e publicado polo selo alemán Martin Meidenbauer.

A iniciativa editorial está vinculada co desenvolvemento do proxecto de investigación DINOLIPOE (O discurso non-lírico na poesía contemporánea: espazos, suxeitos, hibridación enunciativa, medialidade, financiado polo goberno de España desde o ano 2010) e, aínda máis concretamente, coas xornadas de traballo e debate representadas no I Congreso Internacional sobre Discursos Non Líricos celebrado en Vigo en abril de 2011.

A publicación recolle un total de dezaoito artigos, elaborados por investigadoras e investigadores de diferentes universidades europeas e americanas, e articulados a partir das liñas de pesquisa ensaiadas no mencionado proxecto. Así se nos presenta o libro:

O concepto do “non-lírico” chama a atención sobre a inestabilidade funcional da poesía como xénero e do lírico como categoría discursiva na actualidade. Este volume reflexiona sobre novas prácticas discursivas e culturais na poesía contemporánea como a constitución de novos suxeitos e novas subxectividades, a función do poético no espazo público, as hibridacións enunciativas ou a incorporación da intermedialidade. A posta en causa da convencional identificación entre o poético e o lírico, así como a análise dos elementos definitorios do non-lírico, constitúen os principais fíos condutores.
A discusión sobre aspectos teóricos e metodolóxicos combínase con estudos de caso de ámbitos poéticos e culturais diversos: austríaco, brasileiro, español, galego, hispanoamericamo, polaco, portugués, as tradicións orais, a poesía experimental e interartística, entre outros.

Toda a información sobre a publicación pode ser consultada no sitio web do proxecto DINOLIPOE.

* A imaxe que encabeza o post é obra de Gabriel Pérez Durán e formará parte da capa do libro.

Posted in comparatismo, escritura e plástica, espazo público, experimental, hipertextualidade, iniciativas, investigación, media poetry, performance, poesía non-lírica, proxectos específicos, publicacións, redes, suxeitos poéticos, Uncategorized, xénero | Leave a Comment »

Itamar Even-Zohar: análise da cultura

Posted by gaapdec o Decembro 5, 2011

Os pasados 24 e 25 de novembro Itamar Even-Zohar (Universidade de Tel Aviv) visitou de novo a Universidade de Santiago de Compostela para participar nun seminario de traballo organizado polo Grupo Galabra, e en concreto polo equipo do proxecto FISEMPOGA (Fabricação e socialização de ideias num sistema emergente durante um período de mudança política: Galiza, 1968-82), baixo o lema “Análise da literatura e da cultura: metodologia, rumos e desafios”. Canda o Prof. Even-Zohar, que colabora desde hai anos co Grupo Galabra, e varios dos propios membros do equipo do proxecto (Elias Torres, Roberto L. I. Samartim e Cristina Martínez), tomaron parte no encontro João T. Lopes (Universidade do Porto), Jaume Subirana (Universitat Oberta de Catalunya), Mercè Picornell (Universitat de les Illes Balears) e Isaac Lourido (GAAP-USC).

Posted in colaboracións, emerxencia cultural, investigación, metodoloxía, proxectos específicos, sistemas culturais | Leave a Comment »

Simposio Cultura e Migración no CIPPCE

Posted by gaapdec o Outubro 3, 2011

Os días 27 e 28 de outubro de 2011 desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela o Simposio Cultura e Migración, organizado polo Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE). Algúns dos relatorios deste simposio farán mención específica ao fenómeno poético desde diferentes puntos de vista.

Descárguese aquí o tríptico do simposio coa programación e as indicacións relativas á inscrición. Esta será gratuíta para todos os interesados/as nos temas de debate.

Posted in diferenza cultural, emerxencia cultural, enclaves, espazo público, eventos, identidades, institucións, migración, oralidade, proxectos específicos | Leave a Comment »

Converxencias

Posted by gaapdec o Marzo 15, 2011

 

Sinalamos hoxe a referencia a un proxecto de investigación próximo aos intereses e obxectivos do GAAP.  Trátase de Novas Poéticas de Resistência: o Século XXI em Portugal, desenvolvido na Universidade de Coimbra, coa coordinación da profesora Graça Capinha no marco do Centro de Estudos Sociais.

Da nota de presentación do proxecto:

Este projecto usa a palavra “poética” a partir da sua raiz etimológica: o primeiro fazer da primeira forma – dar forma a partir da raiz do som. Como diz o poeta e principal teórico da L=A=N=G=U=A=G=E School, Charles Bernstein, a linguagem é “a primeira coisa forjada”, a primeira extensão da forma do corpo: uma cópia e uma ilusão.

A partir desse primeiro momento, aquilo a que chamamos o real não é mais do que um real humana e socialmente “forjado”: um artifício cuja artificialidade se transforma em “objectividade fantasma” (Michael Taussig).

Tendo como cerne estas “formas de forjar o mundo”, este projecto procura as formas contra-hegemónicas deste fazer na linguagem.

Isto significa que se centra em políticas de linguagem através da observação de alguns discursos que, das suas margens, produzem o centro, ao mesmo tempo que o desafiam e lhe resistem: “servindo o que não é” (Dante), re-inventando e investigando os violentos territórios do excesso (Jean-Jacques Lecercle) onde se encontram todas as formas da linguagem do desaprovado, do improvado e do ainda por provar (Susan Howe).

As “novas poéticas de resistência” residem nesse território fundador e nas suas infinitas possibilidades: em formas literárias experimentais e transformadas pelas novas tecnologias; em inevitáveis e impossíveis esforços da tradução; no conhecimento da incompletude de uma hermenêutica dia(multi)tópica (Sousa Santos) exigida pelo multiculturalismo, o bilinguismo e trajectórias migratórias e multi-étnicas; numa pesquisa epistemológica baseada na procura permanente de linhas de fuga (Deleuze e Guattari) que levam a práticas descentradas e nómadas de desterritorialização das palavras e das identidades por elas forjadas.

A memória biográfica surge aqui como evento da “escrita do corpo”, referência histórica e motor de identidades híbridas em que crenças multiculturais e a saudade acendem a imaginação e se transformam em elementos significativos de uma cultura portuguesa dinâmica que hoje enfrenta os novos desafios impostos pela globalização.

Tentaremos participar numa epistemologia de presenças e ausências (Sousa Santos) oferecida pela transversalidade dos diferentes saberes.
 

Posted in emerxencia cultural, espazo público, experimental, lusofonía, media poetry, performance, poesía non-lírica, proxectos específicos, resistencia, tradución | Leave a Comment »

Monográfico sobre poéticas de resistencia

Posted by gaapdec o Marzo 6, 2011

 

A publicación online australiana Cosmos & History. The Journal of Natural and Social Philosophy dedica a súa entrega 6 / 2 do ano 2010 ás poéticas de resistencia. Faino cun monográfico coordinado por dous membros da rede internacional Poetics of Resistance, Cornelia Gräbner (Lancaster University) e David Wood (Universidad Nacional Autónoma de México).

Na revista colaboran dous membros do GAAP, María do Cebreiro Rábade e Arturo Casas, ambos da Universidade de Santiago de Compostela, e dous membros máis do proxecto de investigación sobre poesía non lírica na contemporaneidade, a propia Cornelia Gräbner e Burghard Baltrusch (Universidade de Vigo). Eis o índice completo do monográfico:

THE POETICS OF RESISTANCE

1. Introduction: The Poetics of Resistance, Cornelia Gräbner, David M. J. Wood.

I. Conceptualising Resistance

2. Resistance, Roberto Echavarren.
3. TINA Go Home! ALBA and Re-theorising Resistance to Global Capitalism, Thomas Muhr.
4. Movement and the Paradox of Resistance, Paulina Aroch.
5. Antagonism And Subjectification in the Poem of Resistance, Arturo Casas.

II. Writing as Resistance

6. The Concept of Resistance in Contemporary Galician Culture: Towards a Poetic Ecology, María do Cebreiro Rábade Villar.
7. ‘Four Paths Five Destinations’: Constructing Imaginaries of Alterglobalization Through Literary Texts, Cornelia Gräbner.
8. Translation as Aesthetic Resistance: Paratranslating Walter Benjamin, Burghard Baltrusch.

III. Resistance in Cultural Praxis

9. Aesthetic Communities, Peripheral Identities and Social Movements, Marcos Giadas.
10. Education as Resistance in Literary Criticism and Journalism: Between Professionalization and Democratization of Literature, Nathalia Jabur.
11. Film and the Archive: Nation, Heritage, Resistance, David Wood.

Posted in cinema, espazo público, globalización, identidades, metodoloxía, movementos sociais, proxectos específicos, resistencia, suxeitos poéticos, tradución, xornalismo | Leave a Comment »

Saímos o 25

Posted by gaapdec o Xaneiro 14, 2011

O vindeiro 25 de xaneiro farase público na rede o repositorio poesiagalega.org e a base de datos asociada. Tras un ano de labor intenso e a colaboración de diferentes institucións, investigadoras, editoriais e poetas puido concretarse un número suficiente de fichas sobre textos críticos, fotografía, rexistros sonoros e gravacións de vídeo que documentan algo sobre os traxectos da poesía galega dos séculos XIX, XX e XXI. O camiño comeza. Sabemos que é apenas iso. Nada menos que iso.

A rendibilidade dunha base de datos increméntase a medida que os rexistros aumentan. Aí habilítanse novos cruces de información que fan cada vez máis potente a ferramenta. Iso redundará, así o cremos, nunha revitalización dos estudos sobre a poesía galega contemporánea no campo cultural. Ademais, consideramos que este labor de transferencia de coñecemento posúe de seu unha proxección sociocultural relevante coa que o GAAP está comprometido. O repositorio facilitará documentos e información sobre a poesía como feito cultural. Fornecerá textos, datos, referencias… a quen investiga, a quen estuda, a quen le, a quen quere saber.

Vémonos o 25!

Posted in iniciativas, poesiagalega.org, proxectos específicos | Leave a Comment »