BlogueGAAP

Grupo Alea de Análise Poética

  • Contacto

    Grupo Alea de Análise Poética / Caixa de correo 066 / Faculdade de Filoloxía / USC Campus Norte / 15782 Santiago de Compostela

    gaapsdc@gmail.com

  • Membros do Grupo

    Iria Sobrino - María Xesús Nogueira - Montserrat Pena - Isaac Lourido - Margarita García Candeira - Arturo Casas (coord.)
  • Meta

Archive for the ‘autoría’ Category

Kac no CGAC

Posted by gaapdec o Xuño 4, 2010

O martes 8 de xuño o bioartista brasileiro Eduardo Kac presenta no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela ás 18:30 h. DEM (Digital Electronic Mind / Deus Ex Machina)

Da nota de prensa, remitida pola profesora Teresa Vilariño, coorganizadora do acto:

A obra  de Eduardo Kac indaga nas conexións entre o físico e o virtual, entre o biolóxico e o tecnolóxico, co fin de romper fronteiras e entrar nunha nova ecoloxía do híbrido. A súa preocupación teórica, crítica e académica achéganos a un autor que explora constantemente a fluidez da posición do suxeito no mundo posdixital, cuestionando a evolución, a memoria e a propia condición da creación.
DEM. Encontro con….Eduardo Kac   proponse enfrontar ao creador coa perspectiva crítica, a autopoética, coa mirada allea, con dous dos grandes especialistas do noso tempo en teatro e novos medios, arte e novas tecnoloxías, así como na perspectiva do posthumano e da biotecnoloxía, Anxo Abuín González (USC) e Eugenio Viola, Director do Programa MADRE do Museo d’Arte Contemporánea de Donnaregina (Nápoles).

 

Programa

18:30 Presentación // 19:00 Telepresenza e bioarte (conferencia de Eduardo Kac) // 20:00 Between Art and Science: Eduardo Kac (conferencia de Eugenio Viola) // 21:00 Mesa redonda con Eduardo Kac, Eugenio Viola e Anxo Abuín.

   

Posted in autoría, bioarte, eventos, media poetry | Leave a Comment »

Ligazóns atlánticas

Posted by gaapdec o Xuño 27, 2009

11834_Cover

Anunciamos a publicación dun volume coordinado polas profesoras da Universidade de Santiago de Compostela Manuela Palacios e Laura Lojo. O seu título é Writing Bonds: Irish and Galician Contemporary Women Poets (Oxford: Peter Lang, 2009) e a táboa de capítulos incorporados pode verse e descargarse aquí.

Chus Nogueira, membro do GAAP, participa con dúas colaboracións, unha sobre as representacións do feminino na poesía galega de hoxe e outra consistente nunha entrevista a Luz Pozo Garza. Outros colaboradores son, ademais das propias coordinadoras desta nova entrega da colección Hispanic Studies: Culture and Ideas da editora internacional, Mary O’Donnell, Manuel Fernández Rodríguez, María Jesús Lorenzo-Modia e Cristina Fernández Méndez, Luz Pichel e Carmen Blanco.

No prefacio do volume lense estas palabras de Irene Gilsenan Nordin, directora do Dalarna University Centre for Irish Studies:

In their introduction, the editors set out their aim for the collection,which is to demonstrate that Galician debates about contemporary woman poets are relevant to the Irish literary system, and debates in Ireland are just as relevant to Galicia. Common themes in both traditions, apart from the strong nationalist and Celtic bonds between them, are the themes of religion, language, and land. Closely associated with land is the trope of nature, which in the Irish tradition can be traced back to Amergin’s song of praise. This trope is addressed by Palacios in her eco-feminist reading of Irish and Galician woman poets, one of the highlights of the study, focusing on how our perception of nature is affected by social forces and the mediation of language and culture.

 

Posted in autoría, comparatismo, diferenza cultural, fronteiras, identidades, metodoloxía, relacións interculturais, xénero | Leave a Comment »

Tentativas

Posted by gaapdec o Xuño 6, 2009

Arquivo

Como xa se destacou anteriormente, este blogue arrinca co propósito de intervir como plataforma de apoio dos traballos de investigación do GAAP, en particular na comunicación das tarefas asumidas e tamén no rexistro e documentación dos elos e avances no camiño emprendido. Con todo, non se renuncia a que nesa funcionalidade exista un espazo para análises e achegas persoais que non hai motivo para interpretar asumidas pola totalidade dos integrantes do grupo. Algunhas desas achegas é posíbel que aparezan asinadas coas iniciais ou o nome completo da redactora ou redactor.

Na función documental que sen ánimo de exhaustividade asume o blogue, intentaremos dar conta de convocatorias e iniciativas referidas ao marco básico de interese, a poesía galega contemporánea. Do mesmo xeito, estamos a considerar a posibilidade de empregar o blogue como espazo propicio para o rexistro e vínculo de anotacións que na blogosfera resulten de interese para quen le e se ocupa da poesía actual, moi en particular da nosa.

Por último, o blogue dará conta así mesmo da actualidade como investigadores e como programadores de eventos (ou apenas participantes neles) dos membros do grupo. Fundamentalmente, no que afecta á súa intervención no espazo da análise poética, se ben tendo moi presentes a posición e a conceptualización de partida, que non son textualistas nin promoven que se centren os debates en torno só a autores ou poéticas. A poesía como espazo de análise está referida, nese sentido, a un sector máis dos campos cultural e literario, e pode (e debe) ser focalizada tamén en relación con operativos non orientados unicamente á materialización do poético como texto. Esa é a razón de que se entenda apropiado informar aquí sobre intervencións dos integrantes do GAAP dirixidas directa ou indirectamente ao fenómeno poético e a súa presenza socio-cultural, institucional, identitaria ou repertorial, por citarmos só algunhas das etiquetas que se poderían xuntar a este propósito.

Posted in autoría, blogosfera, documentación, funcionalidade do blogue, iniciativas | Leave a Comment »