BlogueGAAP

Grupo Alea de Análise Poética

  • Contacto

    Grupo Alea de Análise Poética / Caixa de correo 066 / Faculdade de Filoloxía / USC Campus Norte / 15782 Santiago de Compostela

    gaapsdc@gmail.com

  • Membros do Grupo

    Iria Sobrino - María Xesús Nogueira - Montserrat Pena - Isaac Lourido - Margarita García Candeira - Arturo Casas (coord.)
  • Meta

Archive for the ‘editoras’ Category

Letras de Cal recuperada íntegra en web

Posted by gaapdec o Xuño 3, 2011

O equipo de poesiagalega.org vén de completar coa inestimábel colaboración de Eduardo Estévez a edición electrónica da colección íntegra de Letras de Cal (1997-2001). Pode localizarse máis información sobre a iniciativa e a formación do grupo na segunda metade dos anos 90 neste lugar.

A serie confórmana dúas antoloxías, unha de poesía galega (dEfecto 2000) e outra de poesía vasca en edición bilingüe (A ponte das palabras. Poesía vasca 1990-2000 / Hitzezko zubia. Euskal poesia 1990-2000), e doce libros de poemas dos seguintes autores/as: María Lado, Olga Novo, Igor Lugrís, Xosé de Cea, Verónica Martínez Delgado, Carlos Negro, Suso Bahamonde, Celso Fernández Sanmartín, Séchu Sende, Celeste Craveiro, Francisco Souto e Kiko Neves.

Posted in edición dixital, editoras, grupos, poesía vasca, poesiagalega.org | Leave a Comment »

Lugares vinculados

Posted by gaapdec o Outubro 23, 2010

Descriçom: O objectivo básico do estudo que se propom é o estabelecimento dum mapa geral da poesia galega, baseado nas conexons e correlaçons que se podem verificar entre lugares e posiçons de distinta orde. Pensemos, neste sentido, em lugares propriamente geográficos, mas também em lugares institucionais, em lugares histórico-críticos, lugares repertoriais ou em centros e periferias do sistema. Entendendo que a ideia de relaçom nom implica a equivalência ou a identificaçom absoluta dos agentes e das instituiçons aludidas, e nom nega a possibilidade de mudanças passadas ou futuras. Indica simplesmente isso: vínculos verificáveis, coincidências nalgumhas tomadas de posiçom, afinidades quanto à planificaçom cultural, etc.

Este foi o comezo, hai unhas semanas, da anotación “Cartografia sistémica da poesia galega”, pertencente ao blogue Quantas letras para um rio, no que veñen participando algúns membros do GAAP e que coordinan Cristina Martínez Tejero e Isaac Lourido. Que redes de axencialidade, que vínculos institucionais, que centralidade/marxinalidade sistémica… Cales por tanto as situacións e como isto vai rodando e se recompón. Pois nada fica quieto.

Posted in editoras, grupos, institucións | Leave a Comment »