BlogueGAAP

Grupo Alea de Análise Poética

  • Contacto

    Grupo Alea de Análise Poética / Caixa de correo 066 / Faculdade de Filoloxía / USC Campus Norte / 15782 Santiago de Compostela

    gaapsdc@gmail.com

  • Membros do Grupo

    Iria Sobrino - María Xesús Nogueira - Montserrat Pena - Isaac Lourido - Margarita García Candeira - Arturo Casas (coord.)
  • Meta

Archive for the ‘poesía catalá’ Category

Lírica i deslírica. Anàlisis i propostes de la poesia de experimentació

Posted by gaapdec o Novembro 8, 2012

Damos noticia da saída do prelo do volume Lírica i deslírica. Anàlisis i propostes de la poesia de experimentació, editado por Margalida Pons e Josep Antoni Reynés e publicado polo servizo editorial da Universitat de les Illes Balears.

O libro recolle as achegas dos investigadores e creadores que participaron no ciclo de conferencias que, co mesmo título, organizou o grupo Literatura Contemporània: Estudis Teòrics i Comparatius (LiCETC) entre o inverno de 2010 e a primavera de 2011. O marco de reflexión proposto é o da experimentación poética nos séculos XX e XXI, se ben concede unha atención específica á produción catalá das últimas catro décadas. Os estudos teóricos corren por conta de Enric Bou, Cornelia Gräbner, Manuel Guerrero, Dominic Keown, Jordi Marrugat, Montserrat Roser e Margalida Pons, mentres que os creadores que interveñen no libro son Carles Hac Mor, Víctor Sunyol, Bertomeu Ferrando e J. M. Calleja.

Con esta publicación, o grupo LiCETC dá continuidade ao seu proxecto de investigación sobre a poesía experimental catalá desde a década de 1970.

Posted in eventos, experimental, grupos, poesía catalá, publicacións, Uncategorized | Etiquetado: , , , | Leave a Comment »

Publicación de Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry

Posted by gaapdec o Outubro 29, 2012

Damos noticia da publicación do volume colectivo Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry, editado por Burghard Baltrusch (Universidade de Vigo) e Isaac Lourido (Grupo Alea de Análise Poética). O volume acolle a participación de até dezasete especialistas internacionais no estudo da poesía contemporánea. A saída á luz prodúcese no selo alemán Martin Meidenbauer e está directamente relacionada co proxecto DINOLIPOE (Discursos Non Líricos na Poesía Contemporánea), desenvolvido nos últimos tres anos por un grupo de investigadores e investigadoras de distintas universidades europeas.

A modo de introdución, tomamos o seguinte texto da presentación editorial:

O concepto do “non-lírico” chama a atención sobre a inestabilidade funcional da poesía como xénero e do lírico como categoría discursiva na actualidade. Este volume reflexiona sobre novas prácticas discursivas e culturais na poesía contemporánea como a constitución de novos suxeitos e novas subxectividades, a función do poético no espazo público, as hibridacións enunciativas ou a incorporación da intermedialidade. A posta en causa da convencional identificación entre o poético e o lírico, así como a análise dos elementos definitorios do non-lírico, constitúen os principais fíos condutores.

A discusión sobre aspectos teóricos e metodolóxicos combínase con estudos de caso de ámbitos poéticos e culturais diversos: austríaco, brasileiro, español, galego, hispanoamericamo, polaco, portugués, as tradicións orais, a poesía experimental e interartística, entre outros.

Referimos a continuación o índice completo dos participantes e dos textos que conforman o libro:

Burghard Baltrusch & Isaac Lourido: “Sketching non-lyrical discourses in contemporary poetry”

I. Theoretical Guidelines / Pautas teóricas

  1. Arturo Casas: “Non-lyric Poetry in Current System of Genres”
  2. Daniel F. Chamberlain: “Oral Poetry Inc. and Offence in Comparative Literary History”
  3. Cornelia Gräbner: “From the Intersection of Pain and Hope: Poetic Disruptions of the Neoliberal Etiquette in Public Letters”
  4. Rui Torres: “Arquivos Digitais e Literatura Experimental: Pressupostos e Constrangimentos”

II. New Subjects and Subjectivities / Novos suxeitos e subxectividades

  1. Margalida Pons: “On Besieged Lyricism and Translucent Subjects: Experimental Catalan Poetry”
  2. Silvia Bermúdez: “Non-Discoursive Impulses and the Social Function of Poetry: Diversification Strategies in Antón Lopo and María do Cebreiro Rábade Villar”
  3. Isaac Lourido: “Consciencia da marxinalidade: marcas da ideoloxía libertaria na poesía galega última”
  4. Gisele Giandoni Wolkoff: “(Un)Territories of the Self: Women and Poetry in Contemporary Portugal”

III. Hybridization of Genres and Arts / Hibridación xenérica e artística

  1. Marina Corrêa: “Discurso Não-lírico e Poesia Concreta: Música como Meio de Materialização na Poesia de Ernst Jandl e Augusto de Campos”
  2. Martín Veiga: “Nomear o mundo: os poemas-inventario de Xavier Queipo”
  3. Gonzalo García Fortes: “Elementos performativos na poesía de Chus Pato”
  4. María Cecilia Graña: “Intensos poemas extensos: el rodar conjunto del canto y el cuento”
  5. Albert Jornet Somoza: “La lira reflexiva: espacios de transdiscursividad en el poema en prosa contemporáneo”

IV. Repertoires / Repertorios

  1. Walfrido Dorta Sánchez: “Discursos postnacionales, políticas de (des)autorización y terror-ismo literario: la poesía no lírica de los escritores del grupo Diáspora(s)”
  2. Marlena Krupa: “Sobre la poética del albatros y la ontología del bufón. Elementos no líricos en la poesía comprometida de Adam Zagajewski y Pablo García Casado”
  3. Fernando Guzmán Simón: “Poesía y ciudad. Una aproximación al estudio comparativo del cronotopo Bajtíniano en la poesía hispana de tema neoyorquino”
  4. Pablo Carriedo Castro: “Poesía, capitalismo y democracia: aproximación a la Otra Sentimentalidad”

Posted in escritura e plástica, espazo público, hipertextualidade, iniciativas, investigación, media poetry, metodoloxía, performance, poesía brasileira, poesía catalá, poesía non-lírica, poesía portuguesa, publicacións, suxeitos poéticos, xénero | Etiquetado: , | Leave a Comment »

Mercè Picornell fala de poesía experimental catalá na USC

Posted by gaapdec o Novembro 22, 2011

 

No marco das relacións entre equipos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Universitat de les Illes Balears (UIB), o mércores 23 de novembro terá lugar un seminario de traballo na Sala de Videoconferencias da Facultade de Filoloxía da USC a cargo da profesora Mercè Picornell (UIB) sobre a poesía experimental catalá e a forma de analizala, documentala e difundila.

A orientación do workshop está dirixida ao ámbito do experimental na poesía catalá e tamén ao xeito no que o Grupo LiCETC da UIB emprendeu a súa análise en canto a metodoloxía, transferencia e outros aspectos correlativos.

Web do proxecto Poesia experimental catalana (1970-1990) do Grupo LiCETC.

Posted in colaboracións, experimental, grupos, poesía catalá | Leave a Comment »

Poesía experimental catalá

Posted by gaapdec o Outubro 28, 2010

O grupo de investigación LiCETC da Universidade das Illas Baleares, co que o GAAP mantén proveitosas relacións de colaboración, estrea nova web, vinculada neste caso ao proxecto de investigación La poesia experimental catalana del període 1970-1990: discursos, representacions, recepció, infraestructures de difusió i marc sociocultural (PeC). O propósito anunciado polos membros do equipo é o de analizaren un conxunto de propostas experimentais notabelmente amplo, vendo en perspectiva crítica e comparada as ligazóns existentes coas prácticas poéticas textualistas, letristas, concretistas, visuais e polipoéticas, entre outras varias que foron atendidas en espazos xeoculturais diversos en Europa ou nas Américas.

Para isto, o grupo coordinado por Margalida Pons terá sobre todo presente a produción de poetas como Vicenç Altaió, Josep Albertí, J. M. Calleja, Enric Casasses, Jordi Domènech, Patrick Gifreu, Carles Hac Mor, Damià Huguet, Joan Palou, Santi Pau, Perejaume, Marcel Pey, Jordi Pope, Joaquim Sala-Sanahuja, Josep-Lluís Seguí, Víctor Sunyol e Andreu Terrades.

A idea inicial de experimentación concrétase nos seguintes termos: “ens interessa rellegir les poètiques que aporten al sistema literari català formes diverses de ruptura textual (com el joc amb el format, el codi i el suport, o la incorporació d’elements visuals), però també noves maneres de comunicació del poema (per mitjà de la reivindicació de la performance i de l’oralitat, per exemple)”.

Posted in comparatismo, escritura e plástica, experimental, iniciativas, investigación, poesía catalá, poesía non-lírica, proxectos específicos | Leave a Comment »