BlogueGAAP

Grupo Alea de Análise Poética

  • Contacto

    Grupo Alea de Análise Poética / Caixa de correo 066 / Faculdade de Filoloxía / USC Campus Norte / 15782 Santiago de Compostela

    gaapsdc@gmail.com

  • Membros do Grupo

    Iria Sobrino - María Xesús Nogueira - Montserrat Pena - Isaac Lourido - Margarita García Candeira - Arturo Casas (coord.)
  • Meta

Archive for the ‘blogosfera’ Category

Sen papeis

Posted by gaapdec o Xuño 22, 2010

O volume coordinado por Xavier Barceló Pinya Literatura sense papers. Escriptures, art i entorn digital inaugura unha nova e moi atractiva colección de Edicions Universitat de les Illes Balears. A colección denomínase TECSED e a súa directora é Mercè Picornell, membro do Grupo LiCECT da UIB. Entre os obxectivos fixados salienta a atención teórico-crítica aos textos, xéneros e usos culturais na era dixital.

Esta primeira entrega, en concreto, dedica algúns estudos ao campo de intereses específicos do GAAP, entre eles os referidos ás relacións interartísticas do/no poema, á poesía cinética, aos holopoemas ou ao soporte material na literatura experimental catalá.

Reprodúcese de seguido o texto de presentación editorial do libro, co detalle de capítulos e autorías:

En un moment com l’actual, en què és ben present la qüestió de l’impacte sobre llibres i publicacions periòdiques que poden tenir Internet i els nous mitjans tecnològics —que posen en dubte no només el suport que transmet la literatura, sinó la seva mateixa natura textual, amb l’adveniment dels hipermèdia i la ciberliteratura— es fa evident que l’associació de literatura amb paraula escrita no és necessària. Aquesta idea queda reforçada quan pensam en la literatura experimental dels anys 70, o, si volem anar més enrere, en els poesia visiva i els collage de les avantguardes, o en els lipogrames, acròstics, enigmes, jeroglífics, rimes internes, homonímies que apareixen en la poesia gairebé d’ençà que es va començar a conrear. La literatura, doncs, es manifesta de formes molt diverses, que poden ser textuals o no, que poden travessar les barreres establertes pels mitjans i integrar codis aparentment contradictoris.

En aquest marc, els diversos autors que participen en aquest llibre —especialistes en estudis literaris vinculats a la Universitat de Barcelona, la Universitat Autònoma de Barcelona, la Universitat d’Alacant i la Universitat de les Illes Balears— aporten reflexions sobre diversos aspectes que giren al voltant de les relacions entre la literatura i d’altres mitjans, tant des del punt de vista de la integració de mecanismes d’expressió d’altres arts en la literatura —particularment pictòrics, però també cinematogràfics—, com del trasllat de la literatura des de la pàgina escrita cap a altres espais, tant físics —la literatura experimental fora dels llibres—, com hologràfics o cibernètics —des de la contemporaneïtat del blog a la digitalització de textos medievals.

El volum inclou els capítols “Ús i menció: del poema a les arts”, de Pere Ballart, “Poesia cinètica”, de Lis Costa; “Holopoemes”, de M. J. Vega; “Literatura per veure, cinema per llegir”, de Patrícia Trapero; “Del llibre en blanc al codi indesxifrable”, de Mercè Picornell; “De l’art si je veux”, de Laura Borràs; “Blog i literatura: amistats perilloses?”, de Xavier Barceló i “Edició digital de textos antics”, de Carmen Arronis.

Posted in blogosfera, comparatismo, edición dixital, emerxencia cultural, hipertextualidade, poesía non-lírica, publicacións | Leave a Comment »

Tentativas

Posted by gaapdec o Xuño 6, 2009

Arquivo

Como xa se destacou anteriormente, este blogue arrinca co propósito de intervir como plataforma de apoio dos traballos de investigación do GAAP, en particular na comunicación das tarefas asumidas e tamén no rexistro e documentación dos elos e avances no camiño emprendido. Con todo, non se renuncia a que nesa funcionalidade exista un espazo para análises e achegas persoais que non hai motivo para interpretar asumidas pola totalidade dos integrantes do grupo. Algunhas desas achegas é posíbel que aparezan asinadas coas iniciais ou o nome completo da redactora ou redactor.

Na función documental que sen ánimo de exhaustividade asume o blogue, intentaremos dar conta de convocatorias e iniciativas referidas ao marco básico de interese, a poesía galega contemporánea. Do mesmo xeito, estamos a considerar a posibilidade de empregar o blogue como espazo propicio para o rexistro e vínculo de anotacións que na blogosfera resulten de interese para quen le e se ocupa da poesía actual, moi en particular da nosa.

Por último, o blogue dará conta así mesmo da actualidade como investigadores e como programadores de eventos (ou apenas participantes neles) dos membros do grupo. Fundamentalmente, no que afecta á súa intervención no espazo da análise poética, se ben tendo moi presentes a posición e a conceptualización de partida, que non son textualistas nin promoven que se centren os debates en torno só a autores ou poéticas. A poesía como espazo de análise está referida, nese sentido, a un sector máis dos campos cultural e literario, e pode (e debe) ser focalizada tamén en relación con operativos non orientados unicamente á materialización do poético como texto. Esa é a razón de que se entenda apropiado informar aquí sobre intervencións dos integrantes do GAAP dirixidas directa ou indirectamente ao fenómeno poético e a súa presenza socio-cultural, institucional, identitaria ou repertorial, por citarmos só algunhas das etiquetas que se poderían xuntar a este propósito.

Posted in autoría, blogosfera, documentación, funcionalidade do blogue, iniciativas | Leave a Comment »